SAÍDAS NO OUTONO

 Aproveitando que temos un contorno xenial e que fai bo tempo decidimos ir a :

  • Ao Parque que temos pegado ao colexio. Traballamos as normas de uso, a coordinación , a espera no turno, psicomotricidade grosa, capacidade de esforzo e axuda en equipo, frustación, a importancia de intentar mellorar, de pedir axuda, de coñecer os límites de cada un/unha....etc.


  • A praia. Na praia de Baltar falamos das dunas e o seu coidado, de como manter limpa a praia, como estaba a area húmeda... fixemos debuxos na area, figuras, xogos de equipo, pompas,...etc.

  • Ao parque de Punta Vicaño. Neste espectacular parque podemos observar os cambios desta estación (Outono) .  Atopamos árbores moi grandes con diferentes nomes e de distintos países , follas de varias cores, tamaños e formas, falamos de non coller setas se non as coñecemos, atopamos castañas, landras,...etc. Logo tamén fomos ao super parque que temos ahí, cunha tirolina , un tobogán grande e unha rede para trepar alta!!


Para que vexades canto aprendimos ao mesmo tempo que coñecemos o entorno e pasámolo xenial!!!!!...deixámosvos unha mostra destes días neste vídeo; 







No hay comentarios:

Publicar un comentario