A semana do 29 ao 3 de decembro celebramos no cole a SEMANA DA CIENCIA!!! Este ano dedicada a "COR".
Traballamos coa Cor na Natureza ( alimentos, nas bolboretas, ...etc), cos Pigmentos, (facendo mesturas con vinagre, deterxente e bicarbonato), Falamos do que era a "Iridiscencia " vimos a descomposición da luz cun CD, e vimos Hologramas.
No vídeo podedes ver cando lles gusta ser científicos e como de ben o pasamos!!!
Esta semana foi moi moi especial,.. nela puidemos disfrutar de facer dous experimentos coas científicas Sonia e Mari.
E convertirnos en científicos e científicas cos nosos mandilóns, máscaras e sobre todo os nosos carnets.
Ensináronos cousas moi importantes sobre a importancia da limpeza das mans con dous experimentos.
No 1º vimos como a pementa non "escapa" se tocamola co dedo oa estar nun prato con auga, pero si que o fai si os dedos se convirten en máxicos ao ter unha gotiña de xabón. O mellor de este experimento é que o fixemos no laboratorio do cole e nos encantou a visita!
No 2º experimento estamos a comprobar que pasa se tocamos pan coas mans limpas, coas mans sucias e o compararemos cunha rebana de pan que non tocamos .