Boas tardes familias!!
Deixámovos un video no que compartimos como alumnado e profesorado organizamos os primeiros meses deste novo curso:
- As aulas e os novos espazos: zonas de traballo en mesa, estanterías novas para organizar as propostas de traballo, recunchos de xogo, asemblea, arte, sensorial, biblioteca...
- Os colgadoiros: nos que cada neno/a fixo un debuxo de si mesmo, xunto coa escritura do seu nome.
- As asembleas: nos que empregamos barcos coa súa foto e vogal para identificar quen está a "bordo" na aula.
- Os novos equipos de traballo: onde escolleron libremente e de forma colaborativa os seus nomes, creando despois os seus propios logos.
Esta forma de traballar, axúdanos a que as nenas e nenos vaian interiorizando algunhas das normas de aula e que, ao sentirse partícipes delas, aumente a cohesión do grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario