Mostrando entradas con la etiqueta 5º B. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º B. Mostrar todas las entradas

ARTISTADAS DE NADAL!

Como nos gustan tanto as manualidades....e  moito máis facelo en familia.....fixemos decoración de nadal con elementos naturais!!!

Obxectivos:

  • Valorar  a natureza
  • Coñecer elementos da nosa contorna
  • Pasar tempo en familia e traballo en equipo
  • Expresión  oral coa explicación e presentación na aula 
  • Adquisicións nocións espaciais: 3 dimensións
  •  Favorecer a creatividade
  • Coñecer distintas técnicas/materiais  artísticos
  • Valorar o  "consumo responsable"
  •  Psicomotricidade fina...
 Mirade que bonitos e creativos!!!



Pero non fomos os únicos....o cole encheuse de cores e de máxia!!



50 aniversario do cole!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 O proxecto de este curso foi sobre o 50 aniversario do noso cole!! e como non....debíamos facer a festa oportuna !!!!!!!!!

  • Tivemos xogos tradicionais
  • Super tarta e cantar a canción que crearon os compañeiros de 2º de primaria
  • Degustación  e baile


Vídeo  do ben que o pasamos!, 


DESPEDIDAS DE AULA...

 Acábase o curso.....e ademáis da tristeza de non vernos durante o verano,...temos que despedirnos de dous super compañeiros, SAÚL e ELIAN.

Pasamos moitas horas, xogos, emocións, confidencias,...sempre formaredes parte das nosas aulas!!!

Desexámosvos toda a mellor das enerxías para o comezo no novo cole...será xenial!!

Seguiremos en contacto e esperamos seguir véndovos no parque ou nas praias!


💗                           

Unha super aperta e ata sempre amigos!!!!!!!!!!!  💗

ANIVERSARIOS XUÑO E VERÁN

 ANIVERSARIO DE XUÑO:

-A crustácea Catalina: 


- O cetáceo Darío:


ANIVERSARIOS DE VERÁN: 

-Os crustáceos Alicia e Hugo:



- Os cetáceos Julia, Daila, Diego, Ainhoa, Elian e Triana:






DEBUXOS FLUORESCENTES E VIAXE POLA VÍA LÁCTEA!!!!!!!!!

 Atentos!! porque fixemos uns debuxos con pinturas fluorescentes e purpurina especial ......que ao apagar a luz brillan!!!!!!!!!!!

Mirade que pasada!!!!!!




Ademáis cun proxector moi especial......transformamos a aula nunha vía láctea!!!!!!!!!!!!!!!!


Observade o vídeo e descubriredes que pasa ao apagar as luces,....





MERENDA DA NOSA HORTA!!

Despois de  plantar e coidar a nosa horta..... recollemos as primeiras fresas e fixemos unha merenda con nata!!!



EXPOSICIÓN DE FOTOS !!

A semana pasada saimos a ver unha exposición de  fotos antigas de Portonovo!!

Vimos algunhas fotos de familiares, fotos dos antigos coles , dos antigos mestres e alumn@s  de Portonovo, e incluso fotos nosas de outros anos!!!


Antiguos profes de Portonovo!!


Grazas a Ollares por seguir retratando  a xente, paisaxes e o paso do tempo en Portonovo!!

PEGADAS LUARES!!

 Neil Armstrong e  Edwin Aldrin pisaron por primeria vez a Lúa  o 21 de Xullo de 1969, e deixaron alí a súa pegada e bandeira.

Nós quixemos facer a nosa tamén !!



ROTEIRO POR PORTONOVO

Traballando sobre o  pronto aniversario do cole.....despois das entrevistas aos nosos maiores e familiares,...decidimos ir coñecer onde estaban os antigos coles aos que foros os nosos avós e avoas!! 

En Portonovo había 6 coles!!!e tiñan o nome dos mestres e mestras que impartían clases neles!!

- Colexio do Pósito

-Cole de Don Julio

-Colexio de Don Aurelio

-Colexio de Dona Aparición

-Cole de Dona Carlota e Dona Elisa

-Colexio de Amalia


Moitas grazas as familias pola vosa axuda no roteiro e colaboración aportando información e material!!

CREAMOS A NOSA ORLA !!

 Achégase o final de curso...e como recordatorio...fixemos a nosa orla ....pero debuxada.....!!

Logo  cunha votación  eleximos a que máis nos gustaba por aula!!




Aquí as orlas gañadoras!!



EXPOSICIÓN " 50 ANOS DO CEIP DE PORTONOVO"

 Como xa sabedes este ano estamos de celebración!! O cole cumple 50 anos!!!! Por iso o proxecto de centro vai enfocado nesta celebración.

Fixemos unha exposición cos traballos realizados no centro:

  • Un xornal con noticias do cole (colaboración -Faro de Vigo)
    • Mural con fotos antigas
    • Un aula dos anos 70 (Mupega)
    • Mural con felicitacións para o cole
    • Power point coa información dos antigos coles de Portonovo
    • Un roteiro polos antigos coles
    • Un chaveiro recordatorio dos 50 anos realizado polos alumnos/as con impresión 3D.
    • Mural dos 50 anos con fotos da comunidade educativa...
    • Varias entrevistas a antigos mestres, conserxe, directores,etc....
    • Visitas de antigas alumnas, actuais avoas que nos explican os xogos de antes,...etc








    E aquí a nosa aportación!! Un programa ; Que cousa, cousiña é? cunha exposición interactiva !!! 



    Os vídeos pódense ver accedendo co código QR do tríptico ou buscándoos en youtube.

    Agradecer sobre todo:
    • A Migallas por cedernos a súa canción!!
    • A Mydic, por axudarnos cos últimos retoques dos vídeos!
    • As familias por vir a ver a exposición!
     

    AS FASES DA LÚA!

     Porqué se ve diferente a lúa?? , porqué cambia de forma?? ...

    Despois de traballar este tema con libros, contos, vídeos, representacións,  ...fixemos unha manualidade para aprender as 4 fases máis características da lúa; 


    e así nos quedaron as nosas; 



    Mirade o que fixo Raquel aproveitando este traballo; 


    Un calendario anual coas fases da lúa de cada mes e que día comezan!!!

    ESTAMOS NAMORADOS DA LÚA!!!!!!!!!!!!!!


    IMOS A LONXA !!

     Como non aproveitar un recurso tan bo e tan próximo,....

    Fomos de visita a Lonxa de Portonovo!!!

    Alí Cristian e María explicáronos: 

    •  Distintos tipos de peixes, moluscos,...distintas maneiras de pescar, diferentes tipos de  redes, o oficio das redeiras, ....
    • Coñecimos peixeiros/as da zona
    • Como era a subasta antigamente/ actualmente
    • Vimos os nosos debuxos das raias!!
    • Fixemos unhas fotos nun photocoll mariñeiro
    • e como non,....fixemos unha subasta para mercar peixe!!!eso sí ...creo que mercamos bastante caro!!! je, je....




    Moitas grazas Cristian e María!!

    NON AO ACOSO!

    Eleximos a canción " Lo bonito es" , escribimos o nome para poder practicar a coreografía tamén  na casa....e o 2 de Maio, saimos ao patio para facer o baile e así conmemorar o DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR  todos xuntos !!!!

    Atentos que o fixemos xenial!!!





    SEMANA NO LIBRO

    Dende o 18 ao 22 de Abril  é a semana do libro!!

    Nas librerías aplícase un 10 % de desconto !! e no cole....; 

    Coa axuda das familias...fixemos unha exposición de libros e material escolar antigos ( Proxecto de centro).



    E para rematar tivemos unha sesión de contacontos cos nenos e nenas de 5º de Primaria! 

    Con agasallo incluido de dous contos para as nosas bibliotecas de aula.


    GRAZAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

    E GRAZAS TAMÉN AOS COMPIS DE PRIMARIA POLA EXPERIENCIA COMPARTIDA!!


    COCIÑANDO CON RITMO!!!!!!!

     Tivemos a sorte de recibir no noso cole a Obra de Teatro SAAABOR de Abanca!!! Un espectáculo gastromusical!!!

    Cociñamos con ritmo, piruetas, música, maxia, etc.....nunca o pasáramos tan ben cociñandooo !!


    Quedounos unha fame..... pero como disfrutamos!!!

    Moitas grazas!!!!!!!

    PARTICIPAMOS NUN PROGRAMA DE RADIO!!!!


    Pois sí!!! Os compañeir@s de 4º de Primaria fixéronnos unhas preguntas para gravar con eles o seu programa de radio!!!

    Eleximos a voluntarios  de cada aula....e 1,2, 3 GRAVANDO!!!!

    Este programa vai sobre a PASCUA,


    ESCOITADE!!!  ( Facede click enriba da radio); 


    Grazas compañeir@s por contar con nós!!

    CONCERTO DE MIGALLAS!!

    O luns 18  de Marzo para festexar o día do teatro, estivemos de Concerto !!

    Veu Migallas!!!!!!!!

    Escoitamos " Pan de Millo", " Miña abuela Manuela" "Unha vella tiña un can", entre outros éxitos de este  grupo de teatro.

    Moitas grazas Migallas!! Pasámolo xenial!!

    APRENDEMOS A BAILAR SAMBA!!!

     Gústanos aproveitar todos os recursos que temos para aprender ...neste caso veu a Mamá de Naamy ( Esther) a ensinarnos o baile tìpico de Brasil .....A  SAMBA!!!


    No vídeo podedes ver  os pasos que aprendimos; 



    MOITAS GRAZA ESTHER E NAAMY!!!