Antes de marchar de vacacións, no cole tivemos a nosa festa de Nadal!
Durante toda a semana xa estivemos a disfrutar de lecturas de contos e representacións de obras teatrais por parte do alumnado de Primaria, sesións de cines, adiviñanzas de Nadal, escoita de panxoliñas, reflexións sobre estas datas...
E o día 22, por fin, celebramos a gran festa!
Como sabemos que festexar tamén é importante... O día estivo repleto de sorpresas:
- A visita de Papá Noel e as Súas Maxestades de Oriente, os Reis Magos.
- Percorrido polo cole para ver a decoración navideña.
- Concerto da Coral.
- Merenda de churros con chocolate.
- Discoteca Móbil con DJ.
Vémonos no 2023 con novas aventuras!!
Felices Festas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario