Neste mes de decembro tamén tivemos a oportunidade de coñecer a unha figura lexendaria galega: o APALPADOR!
Este personaxe, tamén coñecido como Pendigueiro, baixa tódolos anos das montañas do Courel, para apalpar as barrigas de nenas e nenos e comprobar que están a comer ben. E aproveita a súa viaxe para deixar algúns agasallos e puñadiños de castañas.
Gustounos moito descubrir a súa historia a través de contos... E ampliar o noso vocabulario en galego analizando a súa peculiar vestimenta: boina ou pucho, pipa ou cachimba, caxato, zocos...
Galicia é máxica en todas as épocas do ano!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario