OS BIOSBARDOS ENTRARON NO COLE!!

Vaia susto nos levamos o pasado venres!!
Chegamos a clase e todo estaba patas arriba!! Cadeiras, gorras e mandilóns polo chan... Todo cheo de plumas, pelos, caquiñas, pegadas, follas, bichos... Que caos era aquel?! Quen fixo todo iso?!
Buscando e rebuscando atopamos unha caixa misteriosa e aquí estaba a primeira pista que nos axudou a tirar do fío.
Resulta que unha voz traviesa nos deixaba unhas letriñas para compoñer o seu nome... Tratábase dun BIOSBARDO!!
Sabedes que é un biosbardo????
Nós non o sabiamos! Por iso, decidimos ollar en internet... 
E descubrimos que é un animal fantástico típico de Galicia do que non existen imaxes reais!!
Pero iso non foi problema para botarnos á aventura de atrapalo!
Primeiro planificamos a nosa busca: como o íamos facer, que materiais podiamos necesitar (ganapán, saco, lupa...), a quen podiamos pedir axuda... 
Despois seguimos as pegadas do animal, repetindo o percorrido que fixo... 
Como non foi suficiente, tamén tivemos que seguir o rastro do seu cheiro, o que nos levou a un reto un pouquiño máis escatolóxico...
E por último... Atopamos o seu nido!! E decidimos invocalo recitando unha poesía tradicional!!
Creedes que apareceu?? 
Vede o noso video e descubriredes como foi esta divertida experiencia na que fixemos actividades de lectoescritura, expresión oral, psicomotricidade, lóxico- matemática, afondamos na cultura da nosa terra... E todo, sen darnos nin conta!



No hay comentarios:

Publicar un comentario