Despois da aventura tan apaixoante que vivimos buscando biosbardos, estivemos reflexionando moito sobre eles e descubrimos que se trata dun animal fantástico...
Coñecer esta lenda da tradición oral e literaria galega, foi para algúns unha alegría, pero para outros unha peniña...
Pero ollo... Que non existan na realidade, non quere dicir que non o fagan no noso imaxinario!!
E aquí abriuse unha porta para traballar a creatividade!
Primeiro, construimos o biosbardo de cada grupo, apoiándonos no traballo cooperativo... Mirade as nosas creacións...
E despois, decidimos elaborar biosbardos individuais con elementos do outono! O que nos levou a facer unha pequena saída á contorna, en concreto, a Punta Vicaño, para recoller: follas, ramiñas, paus, castañas, landras, plumas, pedras, cocas... E por suposto, tamén merendar e xogar!
Por último, só nos quedaba crear os biosbardos persoias. E, para iso, ademais dos elementos mencionados, empregamos a técnica do modelado con barro que nos permite achegar procresos creativos en tres dimensións á infancia! Somos uns artistas!!!



No hay comentarios:
Publicar un comentario