Durante este mes de marzo, recibimos a visita das súper avoas Raquel (avoa da nosa crustácea Raquel) e Pila!!
Gustounos moítisimo, porque grazas a elas puidemos afondar máis no noso proxecto de centro: coñecendo como eran os coles de antes, de que forma traballaban, como eran os seus libros, de que maneira se divertían...
Sen dúbida, o que máis ilusión nos fixo foi aprender como se xoga ao pateiro, a goma, as palmas e aos pelouros!!
E non puidemos ter mellores mestras ca elas... Porque vaia saltos, que puntería e canto amor e enerxía nos transmitiron!! Agora nos nosos patios tamén empregramos as gomas e canicas.
Deixámovos un adianto resumo da nosa experiencia... Aínda que cando remate o curso poderedes ver máis...
GRAZAS AVOAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario