CONVIVENCIA CON 1º DE PRIMARIA!

Como sabedes, durante o mes de xuño estivemos a facer múltiples actividades con primaria (contacontos, obradoiro de peiteado, xogos no seu patio, limpeza conxunta do cole polo Día do Medio Ambiente...).
Porén, seguíamos a ter moitas inquedanzas pola nova etapa...
Polo que esta semana tamén fixemos unha xornada de convivencia con 1º de Primaria.
Quedamos encantados e encantadas, porque nos ensinaron as súas aulas, fixemos unha súper asemblea conxunta para preguntar dúbidas, xogamos xuntos... E ata elaboramos un mural que esperamos levarnos ás novas clases!!
Que sorte temos cos novos compañeiros e compañeiras!!!



Ademais, o alumnado de 6º de Primaria tamén nos convidou a ver a gravación dun programa de radio Tixolas en directo!! E agasalláronnos co periódico do cole!! Moitas Grazas!! Foi xenial!

No hay comentarios:

Publicar un comentario