TARABELOS NO COLE!!!

A semana pasada celebramos no cole a Festa do Libro!!
E por iso os contos, as lendas, as poesías, o teatro, a expresión oral... Tiveron máis protagonismo ca nunca!!!
O mércores... Mentres parte dos compañeiros e compañeiras de Primaria, comezaban a Maratón de Contos...
As nenas e nenos de Infantil... Desfrutamos da visita de Tarabelos!!
Da súa man, aprendimos que as historias tamén se poden "debuler"...

E mergullámonos aínda máis no coñecemento da nosa cultura galega, escoitando as aventuras das Xacias, a Coca e os famosos Biosbardos! Mirade canto rimos, cantamos, actuamos e bailamos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario