SALÓN DE PEITEADO NO COLE!

Para continuar co noso proxecto dos animais fantásticos, neste fermoso mes de maio quixemos homenaxear á Moura!!

Dado que a ela encántalle peinar a súa loira melena... Ocorréusenos transformar unha das clases nun SALÓN DE PEITEADOE montar, coa axuda das familias, un obradoiro moi especial!

A actividade non puido ser máis didática: escribimos carteis, sacamos toda a nosa creatividade para decorar a clase, practicamos a lóxica- matemática coas tarifas, desenvolvemos o xogo simbólico, creamos comunidade educativa coas familias, compartimos experiencias co alumnado de 3º de Primaria, entrenamos a competencia dixital sacando vídeos e fotos... E ademais de rir a esgalla... Cambiamos de look!!

Queredes ver como foi o proceso e o resultado?

Pois non vos perdades os novos videos do blogue! Que tamén publicaremos no instagram do cole!


Mira o antes e o despois!!!

Aproveitamos, unha vez máis, para dar as GRAZAS ás familias!! 

Por apoiar sempre estas actividades tan divertidas!

E á profe e ao grupo de 3º de Primaria, por deixar as súas cabeciñas nas nosas mans e facilitarnos o converternos en peiteadores/as!

No hay comentarios:

Publicar un comentario