MAXIA NO COLE!!

 Por fin o venres tivemos a esperada visita do Mago Paco!!!

Con el descubrimos que a IMAXINACIÓN contén de por si MAXIA!

E con estes dous ingredientes saboreamos historias de:

- Maruxainas que facían aparecer tesouros de moedas.

- Lobishomes que cambiaban misteriosiamente de cor...

- Serpes que xogan ás agachadas...

- Contos prohibidos que teñen lume no seu interior!

- Unha Coca dócil que nos prestou unha das súas escamas para facer magdalenas especiais.

A biblioteca encheuse de risas, sorpresas, aplausos e moita MAXIA! Volve pronto Mago Paco! E grazas pola túa visita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario