SAÍDA FANTÁSTICA AO MONTE VISO!

 Para rematar o segundo trimestre fixemos unha escapadiña a Santiago

E, como sabedes, en Santiago a cousa vai sempre de camiñar!! ;)

Así que, primeiro, percorremos a Senda Mitolóxica do Monte Viso! Un roteiro de máis de 3 km... Que fixemos sen case darnos conta... Porque moveunos a ilusión de atoparnos coa Lamia, a Coca, o Nubeiro, Breogán, a Meiga, o Urco, a Moura, o Tardo, o Gatipedro...


E despois, visitamos a Cidade da Cultura, onde almozarmos, xogamos no Parque da Balea e visitamos a exposición de "Camiños Creativos" no Museo Gaiás. 

Queredes ver un banco que se move?

Ou gustaríavos saber que animal fantástico volveu a escapar de nós?

Pois botadelle unha ollada aos videos desta gran xornada!


Aproveitamos tamén desde aquí para dar as grazas a Beni e Melina (papá de Breixo e mamá de Noah) por axudarnos  nesta aventura. Ao igual que ao resto de voluntarios/as... Que esperemos nos poidan acompañar en vindeiras ocasións! GRAZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario