OBRADOIRO DE ARQUITECTURA CON CRISTINA!

 O pasado 8 de marzo, con motivo do Día da Muller, no cole quixemos convidar a tres nais para levar a cabo diferentes obradoiros vencellados ao proxecto de centro: os patios vivos!

En Infantil, tivemos a sorte de traballar con Cristina, que nos achegou o fermoso mundo da arquitectura, a través dunha breve charla e un obradoiro con materiais de refugallo!

A nosa creatividade non ten límites e por iso saíron creacións de todo tipo: coches máxicos, trens, avións, casiñas para diferentes seres, arco iris, pratiños de comida...

Podedes ver a exposición nun dos corredores de Primaria!!

Grazas as familias por colaborar unha vez máis aportando material!

E, especialmente, a Cristina por facilitarnos esta actividade taaan enriquecedora, que conlevou: traballo en equipo, motricidade fina, arte, escritura, expresión oral, educación para o consumo responsable...

Deixámosvos un resumo para que o disfrutedes coma nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario