A próxima semana chega unha das nosas festas favoritas: o Entroido!
Agora toca festexar, pero antes houbo moito traballo cos preparativos...
Por iso nos adiantamos a darvos as GRAZAS un ano máis!!
Porque é un pracer compartir, axudarnos, coñecernos noutros contextos... E crear comunidade educativa!
Como profes, valoramos moitísimo a implicación, colaboración, alta participación e apoio das familias! E estamos seguras que os nosos nenos e nenas tamén sacarán aprendizaxes valiosos ao sentirse partícipes deste proceso e unión...
Eles non foron menos... E tamén fixeron a súa aportación, non só co orixinal deseño que crearon, senón tamén co decorado das colas de serea!
Aínda que todos os traballos son importantes (deseñar, aportar ideas, facer patróns, medir, recortar, clasificar, elaborar complementos...), especial agradecemento a Teresa, avoa de Darío, que ata levou traxes para rematar o cosido na casa!
Agora que comece a conta atras para a festa!!



No hay comentarios:
Publicar un comentario