APERTAS QUE VOAN!

 O pasado luns, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz!!

Baixo o lema "Apertas que voan", durante estas semanas realizamos distintas actividades a nivel de centro:

- Decoramos plumas para facer entre todos o photocall do cole.

-  Escribimos cartas con debuxos e mensaxes de paz.

- Recollemos no buzón unha carta doutro compañeiro/a ou mestre/a.

- Bailamos xuntos a canción de Paco Nogueiras.


É fermoso reflexionar sobre esta conmemoración tan chea de significado, pero o verdadeiramente importante é recordar que a paz e os valores vencellados á mesma (respecto, empatía, compañeirismo, solidariedade...) deben labrarse a diario...

No hay comentarios:

Publicar un comentario