Unha mañá calquera... Chegamos ao cole e as nosas zapatillas non estaban no zapateiro!! Que facían todas as pantuflas no baño?!
Alguén nos fixo unha TRASNADA e deixounos firmado coa letra T!
Esta vez non parecía cousa de biosbardos nin de meigas... O seus nomes non comezan así...
Tras atopar unha mensaxe no encerado... Acudimos a sala de audiovisuais... E alí estaba un novo ser máxico! Un TARDO!!
Un sapo sabio contounos que este trasno tenlle medo aos cas e aos gatos... E só sabe contar ata 10! Ou ata 100 cando son maiores!
Tiñamos que protexer ao noso cole das súas travesuras!!
E así comezou a nosa misión de elaborar PRATOS ESPANTATARDOS para todas as aulas do centro!
Isto levounos a practicar o conteo ata obter 11 garavanzos, escribir o texto, planificar o reparto dos pratos, manexarnos polos espazos do cole, mellorar a nosa expresión oral contando o acontecido aos mestr@s e compañeir@s de infantil e primaria...
Mirade, mirade todo o que traballamos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario