Despois da experiencia tan intensa en busca dos biosbardos...
Chegou a hora de investigar un novo ser fantástico: as meigas!!
Coa celebración do Samaín picounos a curiosidade de saber máis sobre este ser tan típico de Galicia!
E despois de facer conxuros, debuxar vasoiras máxicas, probar unhas das fermosas zocas de Eferro... Decidimos xogar coas sombras!
Para iso debuxamos nuns vasos (con cú de plástico) obxectos coas que se relacionan: gatos, apócemas, sombreiros picudos...
E finalmente proxectamos as nosas creacións nun lugar escuro, axudándonos dunha linterna. Parecía maxia!!
Definitivamente... En canto a meigas... Habelas hainas!

No hay comentarios:
Publicar un comentario