Unha das nosas datas favoritas do outono é a festa do SAMAÍN!
Este ano o celebramos ao grande con distintos obradoiros:
- Maquillaxe: entre nós e cos grupos de 3 e 4 anos.
- Contacontos con dúas meigas moi especiais.
- Preparación de conxuro máxico cun demo e un druida.
- Percorrido espeluznante polos corredores do cole decorados.
- Cociña terrorífica na que transformamos mandarinas en cabazas.
- Merendas monstruosas para compartir.
E remate cunha obra de teatro a cargo de Troula, coa que rimos, bailamos... E descubrimos que os pesadelos pódense convertir con ilusión en SOÑOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario