E chegou o día!!
A semana pasada por fin collimos o desexado bús, para visitar o centro interactivo de Educación Ambiental NATURNOVA, situado na cidade de Vigo.
Alí completamos parte do noso proxecto de investigación.... Porque nos explicaron as fases de Lúa, a formación dos eclipses, o movemento de rotación da Terra, as características principais dos planetas do Sistema Solar... Fixemos algún xogo... E ata unha viaxe en submarino!!! No que por suposto, tamén atopamos algún crústaceo e cetáceo.
Despois de tanta novidade, a media mañá decidimos recargar pilas cunha merenda no parque de Castrelos.
Non tivemos moito tempo para xogar, pero descubrimos outro lugar xenial para experimentar coa terra e o noso corpo!
Aquí tedes un vídeo resumo das nosas aventuras...
Bus, submarino... E a seguinte en barco!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario