O último día antes de marchar ás vacacións de Semana Santa apareceu no cole un misterioso cofre con pistas para buscar ao coello de Pascua!
Non houbo lugar a dúbidas para decidir o que había que facer... Tiñamos que poñernos mans a obra para atopar a ese coelliño!
Como vimos que había catros pistas iniciais... Acordamos que cada equipo de traballo buscaría un sobre e resolvería o reto que contiña.
Foi divertídisimo! Descubrimos que o coello recorreu moitas zonas da escola: os baños, o almacén dos xoguetes, a sala de profes, o patio...
E, de forma cooperativa, conseguimos superar os seus xogos: ordenar números e cantidades, montar un puzzle, formar parellas de ovos e compoñer / escribir a palabra "Pascua"... Co que traballamos a lóxico - matemática, atención, lectoescritura, traballo en equipo...
Ademais, ao superar todas estas probas... Atrapamos ao Coello... E non estaba só... Viña cargadiño de ovos!!
Se queredes ver parte de esta aventura pinchade no vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario