SISTEMA SOLAR COMESTIBLE

 Unha das actividades que máis nos gustou ata o momento do noso proxecto de aula foi a de preparar o sistema solar comestible!

Con este xogo traballamos as letras e nomes de cada planeta, as súas principais características, os números e ordenación, as cores, a orientación espacial, as formas, a alimentación saudable...

Pois identificamos cada planeta cunha froita, os ordenamos segundo a súa cercanía ao Sol, creamos as súas órbitas con iogur, colocamos cada froita no seu lugar da galaxia...

E despois compartimos unha rica merenda saudable!!

Mirade neste vídeo como acabaron as nosas linguas por culpa de Urano e Neptuno... 

E comprendimos tan ben como xiran os planetas... Que despois debuxamos as órbitas no chan e tamén simulamos cos nosos corpos os seus movementos... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario