Por fin chegou a semana do ENTROIDO!!
Durante estos días fixemos un obradoiro coas familias nas que copiamos patróns e cortamos telas...
As nenas e nenos remataron os seus complementos... Debuxando os logos dos cintos e os seus reloxos para comunicarse...
E por suposto... Escoitamos as indicacións do Meco: zapatillas de cores diferentes, roupa do revés, pixamas, disfraces libres e grupais!! A semana foi moi divertida!
Pero o que máis nos gustou foi volver a desfilar polas rúas de Portonovo!!
E merendar cos nosos compañeiros/as as comidas típicas do Entroido.
Grazas por acompañarnos nesta primeira misión de Comando G!
Deixámosvos un pequeno vídeo-resumo...
E recordade... A vida é un carnaval!
No hay comentarios:
Publicar un comentario