FESTA HAWAIANA!!

E para despedir este curso tan divertido... Que mellor que unha GRAN FESTA HAWAIANA!!!



Obradoiros e xogos de todo tipo: carreiras de sacos, xogatira, equilibrios, zancos, canastas, maquillaxe, pulseiras, manualidades...

Merenda súper saúdable a base de froita!!

E a bailaaaaar cunha DJ!!!


Grazas a todas as familias por acompañarnos neste camiño!!

Agora si que si... BO VERÁN!!!!!!



ASÍ FOI A NOSA AVENTURA...


 Deixamos por aquí un pequeno resumo, na voz dos nenos e nenas, do que foi este pequeno proxecto  e de todo o que aprenderon...




ACTO DE GRADUACIÓN

 O pasado martes chegou o noso gran día!!

O noso Acto de Graduación!!!

Despois de tres anos, con momentos de todo tipo... Damos por rematada unha etapa ben fermosa... Para comezar outra seguro que igual de apaixoante...

Foi un día ben emotivo... Sabédelo ben... 

Non podemos subir no blogue o acto completo (pola duración), pero deixamos o vídeo dos verdadeiros protagonistas!!!

OBRA: O MISTERIO DO MONTE VISO

 O prometido é deuda...

Os nosos pequechos e pequechas quixeron repetir a representación da obra do teatro inventada por eles mesmos: 

"O MISTERIO DO MONTE VISO"

Son todos uns artistas!!!

RESPOSTA DO ALCALDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA!!!

Recordades a carta que escribimos á Alcaldía de Santiago pedindo dous desexos vencellados á Senda do Monte Viso?!
Pois aquí tedes a súa resposta!!
Non podía haber mellor modo de rematar este Proxecto Fantástico!!
DEMOSTRANDO QUE OS SOÑOS DE PODEN CUMPRIR!!



Aproveitamos este medio para dar unha vez máis as GRAZAS ao alcalde, non só por escoitarnos e intentar cumprir os nosos desexos, senón por contestarnos no seu último día e facelo cun vídeo!
Todo o alumnado e as mestras estamos moi moi agradecidos e ilusionados!!
E, por suposto, esperamos volver moi pronto para ver ese maravilloso Elficornio!!
A MAXIA EXISTE!!!

ANIVERSARIOS DE VERÁN

Antes de que remate o curso, quixemos celebrar os aniversarios de Xuño, de  verán e de aqueles compañeiros e compañeiros que por distintas razóns non puideron celebralo antes...

Moitos PARABÉNS para:


- O Crustáceo Hugo:


- A Crustácea Alicia:


- A Crustácea Catalina:


-O Crustáceo Ishaq: 


- O cetáceo Darío:


- A cetácea Julia:


- A cetácea Daila:


- O cetáceo Diego:


- A cetácea Ainhoa:


- A cetácea Triana:


- A cetácea Noah:


Vaia súper festa montamos!!!!



CONVIVENCIA CON 1º DE PRIMARIA!

Como sabedes, durante o mes de xuño estivemos a facer múltiples actividades con primaria (contacontos, obradoiro de peiteado, xogos no seu patio, limpeza conxunta do cole polo Día do Medio Ambiente...).
Porén, seguíamos a ter moitas inquedanzas pola nova etapa...
Polo que esta semana tamén fixemos unha xornada de convivencia con 1º de Primaria.
Quedamos encantados e encantadas, porque nos ensinaron as súas aulas, fixemos unha súper asemblea conxunta para preguntar dúbidas, xogamos xuntos... E ata elaboramos un mural que esperamos levarnos ás novas clases!!
Que sorte temos cos novos compañeiros e compañeiras!!!



Ademais, o alumnado de 6º de Primaria tamén nos convidou a ver a gravación dun programa de radio Tixolas en directo!! E agasalláronnos co periódico do cole!! Moitas Grazas!! Foi xenial!

COMO É UN PATIO EN PRIMARIA?

 Collemos os nosos patinetes e cascos e imos a facer un patio en primaria!!

QUÉ XOGOS HAI?

  • Circuito de rodas (patinetes e casco) (rotatorio por cursos).
  • Xogos de mesa  e  ping-pong (rotatorio a partir de 2º).
  • Baloncesto (rotatorio por cursos).
  • Voleibol.
  • Brilé.
  • Xogo libre.
  • Biblioteca  (xogos de mesa, lectura, axudantes de biblioteca...)
Primeiramente coñecemos as zonas  e normas e logo....a xogar!!
A profe Sabela e Benchara fíxéronnos unha demostración de como se fai o circuito de rodas...







Estamos desexosos de compartir estes xogos cos compañeiros/as  de primaria!!!

OBRADOIRO DE MASAXES CON AIXA

E despois desa sesión fantástica de SPA...

Seguimos coidando a nosa saúde cun obradoiro de masaxes!

Para iso contamos cunha mamá especialista, Aixa, a mamá de Khepri, que nos axudou a relaxarnos e nos iniciou neste mundo tan apaixoante!


Grazas Aixa, por compartir a túa experiencia e o teu tempo! 
Non poidamos ter mellor obradoiro para este remate de curso!

REUNIÓN FINAL COAS FAMILIAS

Compartimos por aquí a presentación da última reunión coas familias...

Agradecer de novo a vosa colaboración coa escola durante estes anos! 

Foi un pracer para nós compartir tantos momentos con vós e, especialmente, cos "vosos fillos e fillas"... Que agora tamén os sentimos "nosos"! Imos a polas últimas semaniñas!!